Tarxeta intelixente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha tarxeta intelixente (smart card), ou tarxeta con circuito integrado (TCI), é unha tarxeta que inclúe un chip no que se pode almacenar información. Aínda que existe un amplo rango de tarxetas disponibles, as tarxetas intelixentes divídense en dous grandes grupos: as que contan con memoria, e as que ademáis de memoria teñen procesador.
Normalmente, as tarxetas intelixentes que non van embebidas en dispositivos, teñen o aspecto e as dimensións dunha tarxeta de crédito. Ademáis destas tarxetas, existen tarxetas intelixentes máis pequenas que se empregan en dispositivos como teléfonos móviles ou axendas (tarxetas SIM e GSM, por exemplo).
Índice |
[editar] Historia
As tarxetas intelixentes foron inventadas e patentadas nos anos setenta do século XX. Existen algunhas discusións acerca de quen é o inventor orixinal; entre os que se atopan o alemán Jürgen Dethloff, o nipón Arimura e o francés Roland Moreno. O primeiro uso masivo de tarxetas intelixentes foi para o pago en teléfonos públicos en Francia no 1983.
Roland Moreno patentou o concepto de tarxeta de memoría en 1974. En 1977, Michel Ugon, traballando para Bull, inventou a primeira tarxeta intelixente con microprocesador. En 1978, Bull patentou o SPOM (Self Programmable One-chip Microcomputer) que define a arquitectura necesaria para autoprogramar o chip. Tres anos máis tarde, o primeiro "CP8" baseado nesa patente foi producido por Motorola. No 2006, Bull tiña rexistradas 1200 patentes relacionadas con tarxetas intelixentes.
O segundo momento chave no uso das tarxetas intelixentes foi a integración de microchips en tódalas tarxetas de débito francesas, que tivo lugar en 1992.
A partir de mediados da decada dos 90 do século XX, foron probados en Europa multitude de sistemas de moedeiros electrónicos baseados en tarxetas intelixentes.
O maior aumento no uso das tarxetas intelixentes chegou nos noventa, coa introducción das tarxetas SIM, usadas nos teléfonos móviles GSM europeos. Estás tarxetas están moi extendidas na actualidade.
As empresas MasterCard, Visa e Europay chegaron a un acordo en 1993 para traballar conxuntamente no desenvolvemento das especificacións de uso das tarxetas intelixentes en tarxetas de pago, tanto de crédito como de débito. A primeira versión do sistema EMV foi desenrolada en 1994. En 1998 estaba disponible unha versión estable. EMVco, a empresa responsable do mantemento do sistema a longo prazo, incrementou a especificación no 2000, e máis recentemente no 2004. O obxetivo de EMVco é asegurar ás institucións financeiras e ós distribuidores que as especificacións serán compatibles hacia atrás coa versión de 1998.
As tarxetas intelixentes con interfaces sen contacto estanse a transformar nun medio popular para aplicacións de pago coma o transporte público. Estándares deste tipo de interoperabilidade foron publicados no Reino Unido (ITSO) e Europa (IOPTA).
As tarxetas intelixentes tamén son usadas na identificación do persoal das diferentes empresas. Tarxetas de identificación, licenzas de conducir están indo a máis, e as tarxetas intelixentes sen contacto xa estan a ser integradas en pasaportes ICAO pra asegura-la seguridade nas viaxes internacionais.
[editar] Tarxetas de memoria
[editar] Tarxetas con microprocesador
[editar] Aplicacións
As aplicaciónes das tarxetas intelixentes incluen o seu uso coma tarxeta de crédito, SIM para telefonía mobil, tarxetas de autorización para televisión por pago, identificación de alta seguridade, tarxetas de control de aceso e como tarxetas de pago do transporte público.
As tarxetas intelixentes tamén son empregadas como un moedeiro electrónico. O chip da tarxeta intelixente pode ser cargado con diñeiro e poden ser utilizados en parquímetros, máquinas expendedoras e outros mercados. Protocolos criptográficos protexen o intercambio de diñeiro entre a tarxeta intelixente e a máquina receptora.
[editar] Ligazóns externas
[editar] En inglés
- Tutorial das Tarxetas Intelixentes
- Introducción ás Tarxetas Intelixentes
- Smart Card Alliance.
- OpenSC-Project Código aberto e tarxetas intelixentes