Taufa'ahau Tupou V
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Taufa'ahau Tupou V (nado o 4 de maio de 1948, é o actual rei de Tonga. O seu nome enteiro é Siaosi Tāufa'āhau Manumataongo Tuku'aho Tupou.
Foi o fillo máis vello ro rei Taufa'ahau Tupou IV, e foi nomeado príncipe herdeiro o 4 de maio de 1966. Na súa vida corrente é máis coñecido co nome tradicional de Tupouto'a. Como príncipe herdeiro, exerceu unha grande influencia na política tonguesa, e foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1979 e 1998. Ten grandes negocios tanto no arquipélago como fóra. Está solteiro e non ten fillos.
O 11 de setembro de 2006, ao morrerlle o pai, foi nomeado rei de Tonga, se ben a coroación oficial non se producirá ata que remate o loito dun ano polo monarca falecido. O seu previsíbel herdeiro será o seu irmán Lavaka Ata 'Ulukalala.