Teodoro II Láscaris
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teodoro II Láscaris (morreu en agosto de 1258) foi emperador bizantino no exilio en Nicea, de 1254 a 1258. As súas principais accións foron dúas brillantes campañas coas que recuperou Tracia ocupada polos búlgaros (1255-1256). A súa mala saúde e a súa morte temperá impediron que levase a cabo unha máis completa tarefa de goberno, para a que aparentemente estaba moi dotado. Foi sucedido no trono polo seu fillo Xoán IV Láscaris.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán III Ducas Vatatzés |
Teodoro II Láscaris (1254-1258) |
Precede a: Xoán IV Ducas Láscaris |
Dinastía Láscaris |