Terapia de xogo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A terapia de xogo é unha terapia expresiva que usa o xogo para diagnoticar e tratar problemas psicolóxicos, especialmente usada nos nenos xa que para eles o xogo é unha forma de comunicación. O terapeuta observa como o suxeito xoga con xoguetes para determinar a causa dos seus trastornos emocionais, conflitos ou traumas. A orixe da terapia está na escola humanista, utilizado por Melanie Klein nos anos trinta e actualizado polo traballo de Carl Rogers e Virginia Axline.