Texcoco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Texcoco é unha cidade que pertence a un municipio do Estado de México que leva o mesmo nome. Esta cidade está situada na rexión oriente do Estado de México, moi próxima á Cidade de México. As súas coordenadas xeográficas son 19.52°N, 98.88°O e ten unha altura aproximada de 2.250 metros sobre o nivel do mar. En 2003 Texcoco tiña unha poboación estimada de 109.000 habitantes.
O seu nome deriva do náhuatl e a definición máis aceptada é "En las jarillas de los riscos" (en español)
As actividades económicas fundamentais son o comercio, os téxtiles e actividades agropecuarias nos arredores.
A cidade aínda conserva o estilo colonial destacando os edificios relixiosos do século XVI. Dentro da propia cidade pódense encontrar vestixios da época precolombina.
[editar] Historia
Texcoco fundouse no século XII como estado nahua independente e pertencente á tripla alianza Tenochtitlan - Tlacopan - Tetzcoco. Constituíuse como a segunda cidade máis importante do imperio azteca correspondendo até dúas quintas partes dos impostos recadados polo imperio. No seu momento foi recoñecida como centro cultural e contou cun importante acervo de documentos de toda índole, desde poesía até astronomía, así como varios pertencentes a culturas de Mesoamérica máis antigas.
O Rei Nezahualcóyotl foi un destacado poeta, filósofo e mecenas das artes. Entre os seus múltiplos logros podemos salientar xardíns botánicos e un zoolóxico, que contaban con especimes traídas de todos os recantos do imperio. As ruínas do que foron centros de ocio para a nobreza como os coñecidos Baños de Nezahualcoyotl aínda se poden visitar. O seu fillo Nezahualpilli continuou a tradición de promover a arte e a cultura en xeral.
En 1520 as tropas de Hernán Cortés ocuparon a cidade e asasinaron o último rei independente de Texcoco Cacamatzin. A partir de entón Hernán Cortés fixo de Texcoco a súa base de operacions e plataforma para a posterior Conquista de México.
De 1827 a 1830 Texcoco foi capital do Estado de México.
O nome oficial de Texcoco é Texcoco de Mora en honra a un destacado lexislador.
Algúns sitios de interese da zona son, entre outros, as ruínas do outeiro dos melons, os baños de Nezahualcóyotl, a casa da cultura e os murais de Diego Rivera na Universidade Autónoma Chapingo.