The Breeders
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Breeders | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | Boston |
País | Estados Unidos |
Período | |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD Records, Elektra |
Membros | Kim Deal Kelley Deal Jose Medeles Carrie Bradley |
Antigos membros | |
Web oficial |
[editar] Biografía
[editar] A formación
The Breeders formouse en 1988 en Boston, Massachusetts. Kim Deal (que asinaba como Mrs. John Murphy na época) tocaba o baixo nos Pixies e decidira iniciar un proxecto paralelo onde ela tivese máis autonomía para poñer en práctica a súa enerxía creativa e, en certo modo, deixar de ser a "sombra creativa" de Frank Black (na época Black Francis) nos Pixies.
Ela chamou a Tanya Donelly, integrante do Throwing Muses, banda tamén de Boston que tiña moito prestixio no underground estadounidense, sendo a primeira banda dese país en asinar co renomado selo británico 4AD. Tanya e Kim coñecéronse nun clube en Boston en 1988 cando as dúas compositoras "frustradas" decidiran formar a súa propia banda. Elas pasaron os dous anos seguintes ensaiando e contando con varias formacións diferentes onde só as dúas líderes eran os integrantes efectivos. O nome escollido para a banda foi The Breeders, mesmo nome que Kim usaba en presentacións de música folk ao lado da súa irmá Kelley varios anos antes en Dayton, Ohio.