Tonhito de Poi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio Ageitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi e antes coñecido como Toñito de Poi, nacido na zona do Barbanza en 1969, foi patrón maior de barco, traballando no mar durante cinco anos até que se decatou de que se tiña que adicar a músico. Así comezou con Heredeiros da Crus, un grupo irreverente que fixo do rock da costa case un himno para unha xeración. Despois de doce anos de concertos extremos e oito discos deixou o a banda para crear un novo grupo músical xunto a músicos galegos e portugueses, A Banda de Poi, da que sacou un disco.
Pero Tonhito de Poi é máis que un rock and roll star á galega. Actor, guionista premiado no festival de Cans, tamén traballou na TVG, xa que participou en series coma Rías Baixas ou o programa Con Perdón. Agora ten a súa propia produtora, Cabezas quentes.