Traxicomedia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Concepto
Tódolos estudiosos consideran a Plauto o pioneiro no seu ‘Anftrión’, inda que o verdadeiro cultivo se inicia no século XVI. A Traxicomedia é a conxunción de elementos procedentes da traxedia con outros que veñen da comedia, é dicir, un centro equidistante entre comedia e traxedia (asunto tráxico e final feliz), que permite reflectir con maior verosimilitude a realidade: figuras de diversos estratos sociais, diferentes rexistros, asuntos elevados e / ou triviais.
Os seus moldes estructurais non están fixados e que tres son os criterios esenciais que definen o traxicómico:
- Os personaxes da obra pertencen tanto a capas populares como aristocráticas
- A acción seria, incluso dramática, non culmina en catástrofe.
- O estilo experimenta altibaixos: linguaxe elevada, procedente da traxedia e linguaxe cotiá, típica da comedia.
[editar] Exemplos
Como traxicomedia podemos sinalar Os Vellos non deben Namorarse de Castelao