TV3
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
TV3 é a primeira canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña. Emite dende o 11 de setembro de 1983 e foi a primeira emisora non pertencente a RTVE en emitir en España, e unha peza fundamental na normalización do catalán, non só en Cataluña, xa que se pode sintonizar en Andorra, Comunidade Valenciana, Baleares e o Rosellón. Algúns dos seus programas máis populares son ou foron Ventdelplà, Plats bruts, Dinamita, El cor de la ciutat ou Temps de silenci, La columna.