Unión Demócrata Cristiá de Alemaña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU - Christlich Demokratische Union Deutschlands) é un partido político de centro-dereita de Alemaña que se fundou en 1945, é membro da Unión Demócrata Internacional.
A CDU non opera en Baviera, aínda que mantén acordos de colaboración coa Unión Social Cristiá en Baviera e no Bundestag os dous partidos forman un único grupo.
Angela Merkel é a actual líder da CDU, que goberna en Alemaña en coalición co Partido Socialdemócrata de Alemaña. O CDU ten 579.526 militantes (febreiro 2005), 180 deputados no Bundestag (sobre 614) e goberna en solitario ou en coalición en 11 dos estados federais.
[editar] Historia
A CDU fundáronna despois da Segunda Guerra Mundial militantes e dirixentes do antigo partido católico, Zentrum, pero tamén participaron na súa fundación políticos protestantes procedentes doutros partidos ou sen afiliación anterior. O seu primeiro líder foi Konrad Adenauer, o primeiro chanceler da República Federal de Alemaña, que tivo ao CDU como o principal partido ata que a partir de 1966 entrou en crise, aínda que se mantivo no poder ata 1969 grazas a unha coalición co Partido Socialdemócrata de Alemaña cun chanceler da CDU.
En 1982 a CDU volveu ao poder ao pactar coa FDP. En 1983 baixo o liderato de Helmut Kohl gañou as eleccións e converteuse no novo chanceler da RFA. Kohl foi o gran valedor da reunificación das dúas alemañas tras a caída do Muro en 1989, que se produciu finalmente o 3 de outubro de 1990. A CDU gañou as eleccións da nova Alemaña unificada pero perdeu moito da súa popularidade pola recesión económica na antiga RDA e o aumento dos impostos no oeste, aínda así gañou tamén as eleccións de 1994.
Helmut Kohl foi o líder do partido ata a desfeita electoral de 1998, sucedeuno Wolfgang Schäuble, quen como consecuencia dun escándalo sobre o financiamento do partido dimitiu no ano 2000, substituíndoo Angela Merkel.
[editar] Líderes
- Konrad Adenauer 1950-1966
- Ludwig Erhard 1966-1967
- Kurt Georg Kiesinger 1967-1971
- Rainer Barzel 1971-1973
- Helmut Kohl 1973-1998
- Wolfgang Schäuble 1998-2000
- Angela Merkel 2000-