Unida (banda)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unida | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | |
País | Estados Unidos |
Período | |
Xénero(s) | Stoner rock |
Selo(s) discográfico(s) | Man's Ruin Records MeteorCity High Times |
Membros | John Garcia Arthur Seay Mike Cancino Dave Dinsmore |
Antigos membros | |
Web oficial |
Unida foi unha banda de stoner rock formada por John Garcia despois da disolución de Kyuss, pioneiros do xénero, e da súa curta aventura con Slo Burn. Formaron parte da banda Arthur Seay (guitarra), Mike Cancino (batería) e Dave Dinsmore (baixo), este último substituído posteriormente polo excompañeiro e baixista en Kyuss Scott Reeder.
En 1999, Unida aparece nun CD compartido coa banda sueca Dozer. A parte de Unida nese disco foi titulada The Best of Wayne-Gro EP. Posteriormente, nese mesmo ano, editaron o seu álbum de debut titulado Coping with the Urban Coyote a través do agora desaparecido selo Man's Ruin Records.
As relacións coa súa seguinta compañía, American Records, remataron por problemas legais, e o seu segundo álbum, previsto para o 2001, non chegou a ser editado.
Dende entón, John Garcia lanzou doun álbumes coa banda Hermano, e no 2004, Unida apareceu nun recopilatorio do selo High Times Records, titulado High Times Records' High Volume: The Stoner Rock Collection, contribuíndo co tema "Left Us To Mold".