Universidade de Tirana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Universidade de Tirana (Universiteti i Tiranës), localizada en Tirana, Albania. Foi a primeira universidade de Albania cando se fundou en outubro de 1957 como a Universidade Estatal de Tirana (Universiteti Shtetëror i Tiranës) ao se unir cinco institucións académicas. Entre 1985 e 1991 denominouse Universidade Enver Hoxha de Tirana (Universiteti i Tiranës "Enver Hoxha").
Ao primeiro comprendía dez falcultades, pero en 1991 as facultades de enxeñería formaron a Universidade Politécnica de Tirana e actualmente son sete as que forman a Universidade de Tirana, na que estudan 14.000 estudante e ensinan 600 profesores.