Velocidade do son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O son é unha perturbación dun medio que ten a particularidade de ser percibida polo oído humano. Esta perturbación consiste en pequenas variacións de presión que se transmiten lonxitudinalmente (isto é a perturbación avanza no mesmo sentido en que varia a presión). Aínda que o proceso é o mesmo en sólidos e líquidos, a máis importante é a transmisión no ar. Pódese demostrar que a velocidade á que se transmite nos gases é:
onde gamma e R son constantes, polo que a velocidade é función da temperatura absoluta (en Kelvins, ou o que é o mesmo, somándolle 273,16 á temperatura en graos centígrados)