Veruca Salt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Veruca Salt | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Orixe | Chicago |
País | Estados Unidos |
Período | 1993-actualidade |
Xénero(s) | Rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Minty Fresh, Outpost, Beyond Music, Sympathy For The Record Industry |
Membros | Louise Post Stephen Fitzpatrickz Kellii Scott Nicole Fiorentino |
Antigos membros | Nina Gordon Suzanne Sokol Jimmy Madla Gina Crosley Jim Shapiro Stacy Jones Steve Lack Mareea Patterson Michael Miley Eva Gardner Toby Lang |
Web oficial | http://www.verucasalt.com/ |
Veruca Salt é un grupo de rock que surxíu en 1992 liderado por Louise Post e Nina Gordon, as dúas principais compositoras da banda, completando a formación orixinal o baixista Steve Lack e o baterista Jim Shapiro. O son da banda segue unha liña bastante similar ao de Pixies e principalmente a Breeders, mesturado melodías bastante accesibles e de innegable sonoridade pop.
Índice |
[editar] Biografía
Formado en 1992 por Louise Post e Nina Gordon e despois de moitos ensaios e algúns concertos, a banda asinou coa discográfica independente Minty Fresh, de Chicago e gravou a súa primeira demo, que comezou a destacar na escena local. Ao longo de 1993 a banda saiu de xira e preparou as gravacións do seu primeiro disco, American Thigs, lanzado en xaneiro de 1994.
O disco converteuse nun dos favoritos da crítica e causou sensación no underground. Despois dalgúns concertos como teloneiros na xira de Hole, Veruca Salt chama a atención de varias grandes discográficas e acaba asinando coa Geffen, que relanza American Thighs. No verán de 1994, o sinxelo "Seether" convértese nun éxito nos Estados Unidos e a banda recibe o disco de ouro por 500.000 copias vendidas. Era o inicio dunha carreira bastante prometedora. Tamén foi blanco de críticas que os acusaban de oportunistas por usar a escena independente da época como camiño máis doado para o éxito comercial.
Talvez como unha resposta aos críticos, surxe en 1996 o EP Blow it out your ass, it's Veruca Salt, producido por Steve Albini. O disco contiña 4 temas barullentos e distorsionados, lanzado polo selo independente Minty Fresh. De seguido, a banda pasou a traballar no seu segundo álbum, e o resultado é o pulido Eight Arms to Hold You, de 1997. Cheo de belas melodías e poderosas guitarras, o disco soaba a un hard rock máis tradicional, talvez como efecto da producción de Bob Rock, que traballara anteriormente en discos de bandas como Motley Crue, Metallica e Guns n'Roses. Logo o baterista Jim Shapiro é substituído por Stace Jones. Eight Arms to hold you novamente alcanza o disco de ouro, a pesares de non ter ningún grande hit. Realmente, o desempeño do álbum nas listas decepcionou as perspectivas da discográfica e ata da propia banda, e pouco despois surxiron rumores de que Veruca Salt estaríase separando. Os motivos eran os desentendimentos entre as líderes, Louise Post e Nina Gordon.
A principios de 1998 os rumores confirmáronse e Nina Gordon anunciou a súa saída de Veruca Salt. Os seus proxectos despois de abandonar a banda incluían unha participación no álbum de James Iha (nese momento guitarrista de The Smashing Pumpkins) e a composición de cancións para un álbum en solitario, que acabou sendo lanzado en 2000.
Durante varios meses o futuro de Veruca Salt foi incerto, xa que perdera a unha das súas líderes-vocalistas-guitarristas. Pero en 1999, Louise Post anunciou que a banda continuaría. Post rompeu coa Geffen e lanzau o disco Resolver no 2000, através do selo independente Beyond. O disco non destacou tanto como os lanzamentos anteriores, pero Veruca Salt seguíu o seu camiño.
En 2001, Louise Post embarcou no proxecto paralelo de Courtney Love na banda Bastard. Elas ensaiaron algunhas cancións, mais depois dalgúns meses, Louise anunciou a súa saída do proxecto e viaxou para Los Angeles para compor material para o seguinte álbum de Veruca Salt.
No ano 2005 a banda editou un EP e presentou a súa nova formación. A banda estaba composta por Louise Post, Stephen Fitzpatrick, o baterista Kellii Scott e a baixista Nicole Fiorentino, e ese outono Veruca Salt completou unha xira polos Estados Unidos. O EP, editado poe eles mesmos titulábase Lords of Sound and Lesser Things e estaba composto por seis novas cancións. Este foi o preludio do seu último álbum ata o de agora, IV, editado en setembro do 2006.
[editar] Discografía
[editar] Álbumes
- American Thighs - 1994 (Geffen)
- Eight Arms to Hold You - 1997 (Geffen)
- Resolver - 2000 (Beyond)
- IV - 2006 (Sympathy For The Record Industry)
[editar] EPs
- Victrola - 1995 (Minty Fresh)
- Blow It Out Your Ass It's Veruca Salt - 1996 (DGC/Minty Fresh)
- Officially Dead - 2003 (Embryo Records)
- Lords of Sound and Lesser Things - 2005 (autoeditado)
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial da banda (en inglés)
- Letras