Vikram Samvat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vikrama Samvat é o nome dun dos varios calendarios hindús, dado que na India existen moitos calendarios en uso:
- Vikrama Samvat: lunar e sideral solar por anos.
- Shaka Samvat (tradicional): lunar e solar tropical.
- Calendario Bangla: solar tropical por anos.
- Tamilnadu/Kerala: solar tropical por anos como o calendario Malayalam.
- Bikram Sambat Nepalés: solar tropical por anos.
A maioría das festas na India están baseadas nos dous primeiros calendarios. Algúns baséanse no ciclo solar como o Sankranti (solar sideral) e o Baisakhi (solar tropical).
Índice |
[editar] Meses e correspondencias aproximadas
Máis abaixo aparece unha listaxe dos meses na India. Shaka e Chaitradi Vikram (UP, Rajasthan e outros) comezan con Chaitra; Kartikadi Vikram (Gujarat, Maharashtra) comezan con Kartika.
# | Hindú | Gregoriano |
---|---|---|
1 | Chaitra | Marzo-Abril |
2 | Vaisākha | Abril-Maio |
3 | Jyeshta | Maio-Xuño |
4 | Āshāda | Xuño-Xullo |
5 | Srāvana | Xullo-Agosto |
6 | Bhādrapada | Agosto-Setembro |
7 | Ashwina | Setembro-Outubro |
8 | Kārtika | Outubro-Novembro |
9 | Mārgasirsa (Agrahayana) |
Novembro-Decembro |
10 | Pausha | Decembro-Xaneiro |
11 | Māgha | Xaneiro-Febreiro |
12 | Phālguna | Febreiro-Marzo |
Os Nakshatras son divisións de ciclos onde cada 13° 20' comezan desde 0° Aries. O purnima de cada mes está sincronizado cun nakshatra.
[editar] Ciclos en India
Os ciclos do tempo na India son os seguintes:
- Ciclo de 60 anos.
- O ano.
- As seis estacións do ano.
- Cerca de 60 días (2 meses) nunha estación.
- O mes (lunar).
- 2 pakshas nun mes, shukla (crecente) e krishna (escuro).
- 15 tithis nun paksha (1-14, ou XV é purnima ou amavasya).
- 60 ghatikas (ou 30 muhurtas ou 8 praharas) nun período de 24 horas (ahoratra).
- Algúns períodos máis a completar.
Os anos están sincronizados co ano solar sideral a través da adición ou subtracción de meses.
[editar] Conversión de datas
Converter unha data dun calendario hindú a unha era común aproximada require unha complexa operación matemática:
- Chaitradi Vikram (pasado): Chaitra-Pausha: subtraer 57; Pausha-Phalguna: subtraer 56.
- Shaka: sumar 78-79.
- Kalachuri: sumar 248-249.
- Gupta/Valabhi: sumar 319-320.
- Bangla: sumar 593-594.
- Vira Nirvana: subtraer 527-526.
[editar] Variacións
- En UP/Rajasthan, os meses son purnimanta. En Gujarat/Maharashtra, son amanta.
- En inscricións, os anos deben ser gata (antigos) ou correntes.
[editar] Ver tamén
- Calendario hindú
- Unidades antigas de medida en India
[editar] Referencias
- Rai Bahadur Pandit Gaurishankar Hirachand Ojha, 'The Paleography of India', 2 ed., Ajmer, 1918, reprinted Manshuram Manoharlal publishers, 1993.