Vladimir Jabotinsky
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ze'ev Vladimir (Evgenevich) Jabotinsky (Odesa 1880 - 1940) foi un escritor e líder sionista, fundador da Lexión Xudía durante a Primeira Guerra Mundial.
Nado nunha familia tradicional xudía recibiu unha educación relixiosa e aprendeu a Torah, Tanakh e o hebreo, pero na súa mocidade lígase aos ambientes seculares da cidade, convértese en xornalista traballando de correspondente en Suíza e Italia para a prensa de lingua rusa, ao tempo que estudaba dereito, a súa experiencia como xornalista vaille permitir máis tarde fundar xornais en ruso, yiddish e hebreo.
[editar] Sionismo
Tras o progromo de Kishinev (1903), Jabotinsky, vencéllase ao movemento sionista, e axiña convértes nun dos seus líderes, ao tempo esfórzase por aprender o hebreo como lingua falada, nos anos seguintes, Jabotinsky organiza unidades de autodefensa nas comunidades xudías de Rusia para responder aos numerosos progromos que se sucedían.
[editar] Primeira Guerra Mundial
Durante a Primeira Guerra Mundial, concebiu a organizar unha unidade xudía que loitase contra os otomanos, que entón controlaban Palestina, xunto con Joseph Trumpeldor creou o Zion Mule Corps, que consistía nuns centos de homes xudíos, na maioría rusos, que foran expulsados de Palestina polos turcos e establecéranse en Exipto. A unidade serviu con éxito na batalla de Gallipoli, pero a unidade logo se desfixo, Jabotinsky viaxou a Londres para convencer aos británicos, pero non foi ata 1917, cando o goberno británico deu permiso para organizar tres unidades xudías, o propio Jabotinsky loitou no val do Xordán en 1918 e foi condecorado polo seu valor.
[editar] Revisionismo
Logo da guerra, Jabotinsky saíu elixido na primeira asemblea lexistaltiva de Palestina, e en 1921 entrou a formar parte do consello executivo da Organización Mundial Sionista, pero marchou da organización en 1923 debido ás diverxencias co presidente, Chaim Weizmann. Estableceu unha nova organización, Alianza de Revisionistas-Sionistas e a súa mocidade, Betar. A súa organización demandaba que o movemento sionista recoñecera como o seu obxectivo o establecemento dun estado xudeu na cunca o río Xordán. As bases do seu movemento situábanse en Polonia e a súa actividade centrouse en obter o apoio británico para as Yishuv.
En 1929 Jabotinsky deixou Palestina para acudir ao 16º Congreso Sionista Mundial, pero as autoridades británicas non lle permitiron voltar debido ás presións árabes.