VRAM
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
VRAM (Video Random Access Memory) é unha memoria de dobre porto de transferencia que se emprega no hardware gráfico de alta resolución, usada polos adaptadores de vídeo. A diferenza da memoria RAM a esta memoria pode acceder á vez o monitor e o procesador da tarxeta gráfica co que permite mellor rendemento gráfico que a DRAM, aínda que é máis cara.