Walter Baade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wilhelm Heinrich Walter Baade (1893 - 1960) foi un astrónomo alemán que emigrou aos Estados Unidos en 1931.
Traballou no observatorio de Bergedorf (1919-1931) e foi director dos observatorios Monte Wilson (1931-1947) e Monte Palomar (1947-1958). Definiu o concepto de poboación estelar, descubriu dez asteroides e a existencia de dous tipos de cefeidas, o que levou a unha importante correción na escala das distancias extragalácticas.