Walter Gropius
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Walter Adolph Georg Gropius (18 de maio, 1883 – 5 de xullo, 1969) foi un arquitecto alemán, fundador da Bauhaus.
As súas primeiras realizacións, antes da Primeira Guerra Mundial como a fábrica Fagus, amosan a súa preferencia por unha arquitectura sinxela e lóxica arredada dos estilos históricos. Gropius fundou en 1919 a Bauhaus de Weimar, trasladada en 1925 a Dessau, e foi o seu director ata 1928. Escola e obradoiro ó mesmo tempo a Bauhaus foi unha das creacións culturais máis significativas e trascendentes do período de entreguerras, caracterizábase polo traballo en equipo e a colaboración de mestres creadores, a combinación de programas teóricos e prácticos, a produción de obxectos en materiais ben variados con destino á industria, o que puña ós alumnos en contacto directo co mundo do traballo.
Tras deixar a dirección da Bauhaus, Gropius proxectou barriadas en Alemaña caracterizadas a distribución de unidades de moitos pisos distanciadas entre si. A partir de 1934 viviu en Inglaterra e nos Estados Unidos.