Warsiyalla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Warsiyalla foi un territorio de Asia Menor occidental, de situación descoñecida. Algúns sitúano en Bitinia occidental e outros en Panfília ou outros lugares. O único certo que se sabe é que no tratado entre Alaksandu de Wilusa e o rei hitita Muwatallis II, o primeiro tiña que asistir ao segundo nas campañas que facía neste territorio, e o resto dos territorios mencionados son: Licia (Lukka), Karkissa (tal vez Caria) e Masa (Bitinia Oriental).