Windows 2.0
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Windows 2.0, segunda versión de Microsoft Windows, semellante a Mac OS, saíu ao mercado en 1987, engadía iconas e permitía fiestras superpostas e tamén minimizalas e era compatible co software deseñado para Windows 1.0.
Un ano despois Microsoft sacou ao mercado Windows 386 e Windows 286 para os microprocesadores Intel 80386 e Intel 80286 respectivamente coa fin de aproveitar ao máximo as capacidades deses microprocesadores.