Xeografía de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
España localízase no suroeste de Europa e comprende o 84% da Península Ibérica. A súa superficie total é de 504.782 km², deles 499.542 km² é terra e 5.240 km² auga.
Das fronteiras de España, 4964 km (88%) é auga e 1917.8 km terra (12%). Comparte con Portugal unha fronteira de 1214 km, con Francia 623 km, con Andorra 63 km, con Marrocos 16 km e Xibraltar 1'2 km. A costa mediterránea abrangue 1660 km, a atlántica 710 km. Os Pireneos esténdense ao longo de 435 km entre a Baía de Biscaia e o Mediterráneo. O estreito de Xibraltar separa España e Europa de Marrocos, no norte de África.
Fóra do territorio peninsular, España exerce a soberanía sobre as illas Baleares, as Canarias, Ceuta, Melilla, as illas Chafarinas, Peñón de Alhucemas e Peñón de Vélez de la Gomera.