Xeración de antre dous séculos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta xeración foi nomeada por Méndez Ferrín e comprendía a tódolos escritores galegos nados entre 1869 e 1879. Estes escritores serían os protagonistas da transición da Literatura galega do século XIX ó século XX. O nome foi tomado dunha obra de Xerardo Álvarez Limeses que xunto con Noriega Varela e Ramón Cabanillas, entre outros, formarían parte desta xeración.