Xerardo Fernández Albor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xerardo Fernández Albor (Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1917) é un político galego.
Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos.
En 1981 encabezou a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento Galego, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia, ata que en 1987 este marchou do partido e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el. Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.
Lista de Presidentes de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Xosé Quiroga Xuárez |
Xerardo Fernández Albor (1981-1987) |
Precede a: Fernando González Laxe |
Partido Popular |