Xoán Antonio García de Bouzas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán Antonio García de Bouzas ( antes de 1680 - 1755) foi un pintor do Barroco galego.
[editar] Biografía
O pintor Xoán Antonio García de Bouzas, denominado ás veces nos documentos Juan Antonio das Bouças, naceu probabelmente na cidade de Santiago de Compostela antes do 1680; faleceu na mesma cidade o 23 de maio de 1755. Marchou novo a Madrid onde foi discípulo de Lucas Jordán. Á súa volta da capital, casou con Andrea de Castro Calo, da que tivo tres fillos, entre eles Miguel Antonio, que sería tamén pintor. Falecida a súa dona, volveu casar con Xoana Abad de Castro, tendo tres fillas máis. A escasa demanda de obras pictóricas fixo que García de Bouzas se dedicase á pintura litúrxica, decorando e dourando retábulos e imaxinería, labor no que os pedidos eran abundantes. Como verdadeiro pintor García de Bouzas tivo como comitentes á Catedral de Santiago (que o nomea ministro de fábrica en 1711) e outras institucións relixiosas, tanto compostelás como de diversos lugares galegos.
[editar] Obra
- Aparición da Virxe a un leigo dominico, 1721 (Sto. Domingos, Lugo)
- Aparición da Virxe a Santiago, ca. 1722 (retábulo da Capela do Pilar, Catedral de Santiago)
- Santiago o Maior, sedente, 1748 (antesacristía da Catedral de Santiago)
- Santo André
- San Pedro Apóstolo
- Cristo camiño do Calvario (sala capitular, Catedral de Santiago)
- Retrato de Alonso de la Peña, bispo de Quito
- Retrato de Fernando VI (1751)
[editar] Bibliografía
- Couselo Bouzas, José, La pintura gallega. A Coruña. 1950
- Fernández Álvarez, Mª Agustina, Arte y sociedad en Compostela: 1660-1710.Sada. 1996