Xoán Xesús González
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán Xesús González, tamén referido como Xohán Xesús González (Cuntis, 1895 - Santiago de Compostela, 1936) foi un xornalista, avogado, escritor e político galego.
Procedente do PSOE, descontento ante o feble impulso autonómico do partido, en agosto de 1932 funda a Unión Socialista Galega, na que conxugábase socialismo e galeguismo. Tralo fracaso nas eleccións de 1933, o partido disólvese. En xaneiro de 1934 funda unha organización denominada Agrupación al Servicio de la Autonomía. En abril entraba na directiva de Izquierda Republicana e, tras unha serie de desacordos, fundou con varios amigos a Vanguardia de Izquierda Republicana.
En 1936 participa na fundación da Asociación de Escritores de Galicia.
Ó estoupar a Guerra Civil, púxose á fronte dos mineiros de Lousame para marchar sobre A Coruña. A columna fracasou e González foi fusilado polos sublevados en agosto ou setembro de 1936, nas tapias do cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela.
[editar] Obra
- Agarimos. Versos da y-alma, 1921 (poemario)
- Ana María, 1925 (novela)
- A modelo de Paco Asorey, 1934 (novela)
[editar] Ligazóns externas
- Xoán Xesús González busca unha rúa (II). Darémoslle un espazo para ser recordado?, artículo en Galicia Hoxe, 17 de setembro de 2006.
- Memorial de Mártires - por Avelino Abuín de Tembra, publicado o 15 de agosto de 2002.