Xosé María Álvarez Cáccamo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 6 de xullo de 1950) é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.
Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 é profesor de ensino secundario.
Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume de Poesía para Nenos e os Premios da Crítica de Galiza e de España.
Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e Faro das Letras de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 fixo parte da equipa directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi Presidente durante algúns meses de 2002 e coordenador das súas revistas Nó e Contemporánea. Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Actualmente forma parte do colectivo Burla Negrae do consello de redacción da revista Grial.
[editar] Obra
- Laberinto el clavicornio, 1977 (poemario en castelán)
- Galego cero, 1979 (lingua)
- Praia das furnas, 1983 (poemario)
- Arquitecturas de cinza, 1985 (poemario)
- Os documentos da sombra, 1986 (poemario)
- Luminoso lugar de abatimento, 1987 (poemario)
- Cimo das idades tristes, 1988 (poemario)
- Casa dormida, 1988 (teatro)
- Fragmentos de mar, 1989 (poemario)
- Prego de cargos, 1991 (poemario)
- O lume branco, 1991 (poemario)
- Microtopafanías, 1992 (prosa)
- Colección de espellos, 1994 (poemario)
- A luz dos desnortados, 1996 (relatos)
- Pedro e as nubes, 1996 (literatura infantil)
- A escrita das aves de marzo, 1997 (poemario)
- Ganapán das palabras, 1998 (literatura infantil)
- Os cadernos da ira, 1999 (poemario)
- Vocabulario das orixes, 2000 (poemario)
- Dinosaurio Belisario, 2001 (literatura infantil)
- Depósito natural (1995-2001), 2002 (poesía)
- Lúa de pan, 2002 (poesía infantil)
- Vida de Antón Avilés de Taramancos, 2003 (biografía)
- Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003, 2003 (poesía)
- Vilar dos fillos, 2004 (poesía)
- Memoria de poeta 2006 (ensaio)