Xosé Ramón Fernández Antonio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Ramón Fernández Antonio (Vigo, 1953) é un político galego. Conselleiro de Economía e Facenda dende o 2 de agosto de 2005.
Estudou económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do Gabinete do Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións (1985-1988) e dende 1993 foi directivo de Retevisión e Auna.