Zaphod Beeblebrox
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zaphod Beeblebrox é un personaxe de ficción que aparece en Guía do Autostopista Galáctico, novela de ciencia ficción de Douglas Adams, é un familiar lonxano de Ford Perfect que acaba por se converter en presidente da Galaxia, malia ser altamente incompetente para tal posto. Zaphod é quen rouba o Corazón de Ouro, nave que ten como sistema de propulsión un Xerador de Improbabilidade Infinita, o que posibilita que Ford Perfect e Arthur Den lisquen da morte cando son expulsados da nave Vogon.