Zhores I. Alferov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zhores Ivanovich Alferov( Жоре́с Ива́нович Алфёров, en ruso) (nado en Vitsebsk en 1930). Físico soviético|ruso de orixe bielorrusa. Premio Nobel de física 2000 con Herbert Kroemer e Jack Kilby.
Traballa dende 1953 no Instituto Físico-Técnico Ioffe, dende 1989 foi vicepresidente da Academia de Ciencias da URSS (dende 1991 de Rusia) e presidente do Centro Científico de San Petersburgo. Inventou e desenvolveu compoñentes rápidos para o seu uso en optoelectrónica e microelectrónica, baseándose en estruturas semicondutoras, coñecidas como heteroestruturas que posibilitou a construción de transistores rápidos.