Zidantas I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zidantas I, rei dos hititas, gobernou durante un período de tempo indeterminado, aproximadamente na década de -1550.
Xenro do seu antecesor, Hantilis I, participou no asasinato de Mursilis I que permitiu ao seu sogro alcanzar o poder. Transcorridos trinta anos de reinado de Hantilis I, asasinou a este e a algúns dos seus descendentes para alcanzar o trono hitita.
Non se coñece moito do seu reinado, xa que non quedaron probas documentais e foi rapidamente asasinado polo seu fillo, Ammunas.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Hantilis I |
Zidantas I (-1550-?) |
Precede a: Ammunas I |
- |