Zorra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento de transporte sobre a neve que consta de dous patíns, esquís ou raís paralelos onde se apoia e se desliza sobre o xelo ou a neve empuxados habitualmente (ás veces tirado) por unha forza exterior, e unidos por unha plataforma horizontal onde se monta a carga. Están habitualmente feitos de madeira, e os deslizadores están revirados para enriba para non afundirse e chantarse na neve.
A denominación procede dun arcaísmo e dialectalismo recuperado para o uso moderno: aínda usado nos Ancares para un útil semellante, mentres que a verba trineo semellante á portuguesa é un galicismo.
[editar] Espeleoloxía
A palabra zorra aparece tamén na denominación Pala da Zorra, referida a unha cova calcárea situada na contorna do encoro de Covas, Rubiá, na provincia de Ourense. A zona pertence a un afloramento caliza e está rodeado de multitude de cavidades formadas tamén por disolución do carbonato de calcio presente na rocha.
A forma da denominación podería proceder de calquera destas dúas orixes:
- a necesidade de utilizar este medio de transporte para poder acceder á cavidade;
- un castelanismo por raposo (ou raposa) ou golpe;
- a mesma etimoloxía que cerrar, que por labialización se transformase en zorra, do mesmo xeito que noutros lugares pronuncian zarrar (inda que isto é máis improbable pola semántica da forma regresiva);
De tódolos xeitos, todas estas hipóteses deben contrastarse coa documentación medieval conservada. Ó facer referencia a un accidente natural, non é probable que o topónimo conste nos arquivos diocesanos que lle corresponderían ó bispado onde se atopa (bispado de Astorga)