Ábsida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ábsida é a parte semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da fachada exterior dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e a ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.
As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral denomínanse absidiolas.