Ácaro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ácaro | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Familias | ||||||||||||||
Tetranychidae Eriophyidae Sarcoptidae Pyroglyphidae |
Os ácaros, orde Acarina, son artrópodos que pertencen á clase dos aracnídeos (teñen, por iso, oito patas). Existen preto de 150 especies no mundo enteiro. Os ácaros do pó doméstico son visíbeis apenas ao microscopio e teñen un tamaño que varía entre 200 e 500 micra. mm.
Índice |
[editar] Especies
Existen varias familias, sendo as máis importantes a dos Pyroglyphidae (ácaros domésticos) e a dos Tyroglyphidae (ácaros de armacenamento). As principais especies da primeira familia son a Dermatophagoides pteronysinus, Dermatophagoides farinae e o Euroglyphus maynei. As máis frecuentes da segunda familia son Acarus siro, Glyciphagus domesticus, Tyrophagus putrecentiae e Lepidoglyphus destructor. En climas quentes, atópase a Blomia tropicalis. A familia Sarcoptidae inclúe animais parasitas como a carraza.
[editar] Habitat e reprodución
Nas habitacións, os ácaros aliméntanse de escamas de pel humana e de animais. Polo día, o home perde 1g destes pedazos de pel. Os ácaros abundan nos colchóns, mantas, almofadas de plumas, tapetes, sofás e bonecos de peluche, desenvolvéndose en condicións óptimas de humidade superior a 70 a 80% e de temperatura superior a 20ºC. En altitudes superiores a 1200 m, os ácaros deixan de ter boas condicións de vida. Por este motivo, a estadia en rexións montañosas pode conducir ao alivio de certas alerxias. Viven 2 a 3 meses, durante os cales procrean 1 a 2 veces, dando orixe a unha postura de 20 a 40 ovos. O período máis propicio para a procreación é a primavera e o outono.
[editar] Alergoloxía
Os excrementos dos ácaros e os ácaros mortos dispérsanse en poeira fina, sendo inalados e podendo provocar alerxias.
Os alerxenios dos ácaros son ben coñecidos. Os antixenios major son Der p1 (D. pteronysinus), Der f1 (D. farinae) e Eur m1 (Euroglyphus maynei).
Para que se dea a sensibilización aos ácaros é necesaria unha taxa de antixenio Der p1 superior ou igual a 2 micra por gramo de pó doméstico. Calculase que a prevalencia da sensibilización aos ácaros na poboación xeral sexa de preto de 10 a 20%. Son os responsabeis da maioría dos casos de rinite e asma alérxica perenne, tendo tamén un papel importante na dermite atópica. Tén sido descritos alguns casos raros de anafilaxia despois de inxestión de alimentos contaminados por grandes cantidades de D. farinae (fariña, pizzas, peixe e legumes, entre outros).
[editar] Prevención
As medidas preventivas para evitar os ácaros domésticos reducen os síntomas clínicos e son o primeiro paso no tratamento de doentes alérxicos aos ácaros. Destas medidas fan parte:
- Limpeza diaria dos cuartos;
- exposición ao ar e ao sol dos colchóns, edredons e almofadas;
- lavado frecuente a 60ºC dos colchóns, edredons e almofadas;
- aspiración regular e frecuente dos colchóns e tapetes con aspiradores munidos de filtros HEPA;
- tratamento de colchóns e tapetes con acaricidas;
- utilización de coberturas anti-ácaros en poliuretano nos colchóns, edredons e almofadas;
- evitar animais domésticos;
- lavaxe semanal dos bonecos de peluche;
- manutención dunha atmosfera seca no interior das habitacións (humidade relativa a 50 a 60 % e temperatura entre 18 e 20ºC);
- controlo das medidas de evicción co Acarext test (R), o cal estima o número de ácaros existentes.
Non está demonstrada a eficacia dos ionizadores e purificadores de ar, nen da ventilación mecánica.
A inmunoterapia específica con vacinas está indicada nos doentes sensibilizados cando os sintomas clínicos non son controlados coa evicción e co tratamento farmacolóxico dos sintomas.
[editar] Acaricidas
Acaricidas son substancias químicas, non tóxicas para o home, con capacidade para eliminar os ácaros domésticos.
[editar] Acarex test
Acarex test é un test que permite avaliar a concentración de ácaros no pó dun ambiente . Basease na determinación semi-cuantitativa , polo método colorimétrico, da guanina contida nas feces dos ácaros.
[editar] Links externos
Fotografías Aquí