Ágreda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ágreda, chamada a vila das tres culturas, é una cidade do noreste da provincia de Soria, na Comunidade Autónoma de Castela e León.
As súas rúas irregulares permiten desprazamentos temporais.
"Barbacana hacia Aragón en Castellana tierra", como escribiu Antonio Machado, respirase nesta vila o paso dos séculos.
Inda hoxe, nos seus 3500 habitantes, percíbese o movemento fronteirizo que a caracterizou e que a caracteriza: o intercambio comercial e cultural.
Amables e con as leis de hospitalidade por diante, os agredeños son conservadores dos seus valores e tradicións.
Ágreda está aos pés do Moncayo, protexida por un terreo escarpado e dividida polo río Queiles, moi aprezado polos romanos.
Da súa antigüidade celtíbera queda constancia o Castro natural da Muela e algunhas moedas celtibéricas recollidas co nome de Aregrada.
Da época romana fican a pequena ponte de acceso ao Barrio moro, un trozo de muralla e un par de inscricións.
Da visigótica existe a mención nalgún códice, dunha igrexa, a de San Xulián.