Álbum Nós
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nós é un álbum de 49 estampas realizadas por Castelao entre 1916 e 1918.
O contido do álbum apareceu primeiro en exposicións, a primeira na Coruña do 2 ao 22 de marzo de 1920, tamén se expuxo nese ano en Madrid e Ourense. Entre 1921 e 1924 expúxose en Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Ferrol, Pontevedra, Barcelona, Vigo e Santiago de Compostela.
En 1931 editouse en libro, no prelo de Hauser y Menet de Madrid, cunha moi boa calidade gráfica para unha estampas que amosan un gran realismo e preocupación polas condicións de vida do pobo.