Álvaro Pino Couñago
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Álvaro Pino Couñago naceu o 17 de agosto de 1956 en Fontenla, Ponteareas. Ciclista e director deportivo galego. Comezou coma profesional en 1981, ano no que ganou a súa primeira tirada na Vuelta Ciclista a España competición na que gañaría a clasificación xeral en 1986. Como profesional correu no equipos Colchón CR, BH, Seur e Kelme, retirandose en 1991. Posteriormente foi director deportivo do conxunto ciclista español Kelme (1992 a 1999) e despois do suizo Phonak (de 2002 a principios do 2005). Foi o descubridor para o ciclismo de élite dos corredores galegos Marcos Serrano e Óscar Pereiro.
En maio de 2006 foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo Karpin Galicia.