Úrsula Heinze
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
º
Úrsula Heinze (Colonia, Alemaña,1941-). Escritora contemporánea galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética.
Índice |
[editar] Biografía
Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega, na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.
Con A casa abandonada obtivo o "Premio Merlín" de literatura infantil en 1986. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o "Premio Blanco-Amor" (1993) e o "Premio Losada Diéguez" (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende ("Premio Ramón Cabanillas" 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995).
[editar] Bibliografía
[editar] Novelas
- O soño perdido de Elvira M., 1982 (novela)
- Anaiansi, 1989 (novela)
- Culpable de asasinato, 1994 (novela)
[editar] Literatura Infantil
- O buzón dos nenos, 1985 (narrativa infantil)
- Sempre Cristina, 1986 (narrativa infantil)
- A casa abandonada, 1987 (narrativa infantil)
- Máis alá de Galicia, 1989 (narrativa infantil)
- A nena de ouro, 1991 (narrativa infantil)
- Nace un campión, 1992 (narrativa infantil)
- Quérote, 1994 (narrativa infantil)
[editar] Ensaio
- Arredor da muller en 18 mundos, 1985 (ensaio)
- Mulleres, (1991)
- As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991)
- Literatura galega contemporánea (1993)
- Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993).
- Xente coma min, 1998
[editar] Narrativa breve
- Catro contos de Reis, 1991 (relatos)
- Confidencias, 1992 (relatos)
- Polas rúas de Padrón, 1994 (relatos)
- Remuíños en coiro, 1984 (relatos)
[editar] Poesía
- Versos de terras distantes, 1995
- Credo : Gedichte = Poemas, 1999
- Torso : Gedichte = Poemas, 2002
- Nadir : Gedichte = Poemas, 2005
[editar] Tradución
- Y no dijo una sola palabra de Heinrich Böll, 1972
- As galiñas de vento de Günter Grass, 2000
- O ponche dos desexos de Michael Ende, 1991
- Terra, mar e lume. Poesía de Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia, 1996.
[editar] Premios
- Premio Merlín (1986)
- Premio Blanco-Amor (1993)
- Premio Losada Diéguez (1994)
- II Premio PEN Clube (2005)