Wikipedia talk:20.000 artigos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
E o artigo 20000 é.. Shotta :-D
- Adoptemos a Shotta como mascota da Galipedia.--AlberteSi, digame? 23:25, 5 decembro 2006 (UTC)
Ola mozos e mozas: certamente estou moi contento por estes 20.000, e máis se os fai un rapeiro. Dúas dúbidas aos que máis tempo levades e máis sabedes disto:
-
- por que a lista de wikipedias sempre ten un desfase se -50 ou -80 con respecto aos nosos marcadores?
- por que entre os usuarios que máis edicións levan non hai mulleres ou case non hai mulleres? Como poderíamos corrixir iso?--Xabier Cid 09:29, 6 decembro 2006 (UTC)
En clave sorrinte, que esto é unha festa: Van 50-80 por detrás porque imos moi rápido!. Eso de que faltan mulleres, habería que demostralo. Por exemplo, a miña muller dime que se Prevert non será unha muller... eu dígolle que coido que non, sobre todo para tranquilizala; ó cabo, a conta de adicarlle algún tempo a esta muller que é a Galipedia... felicidades a todos!--Agremon(contacto) 08:24, 9 decembro 2006 (UTC)
[editar] Faltan mulleres na Galipedia
Verdade é que non se pode falar de paridade se non contamos coa colaboración tamén, das usuarias na Galipedia. A todos nos poñería contentos, eu penso que deberiamos crear os artigos que a elas lles concirnan. Seguro estou que podemos chegar a adiantar os 40.000 artigos. Non? Padin 12:22, 6 decembro 2006 (UTC)
- Certo, dende logo é un punto a ter en conta, e se ben nos fixamos existen multitude de campos nos que as usuarias poder oportar moita máis información que os usuarios. Aquí queda a lembrar un certo usuario (non direi o nome), vello coñecido de uns cantos administradores e de máis de un usuario común, que a bon seguro saberán de quen falo. Que chegou a creer que iste proxecto era una páxina de contactos. Iste feito e, quizáis algún outro que se me escapa das mans puido motivar que parte das usuarias deixaran de cooperar co sistema. Un saúdo as que nos estean lendo e animalas a que se incorporen de novo as filas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:50, 9 decembro 2006 (UTC)
[editar] Outros 20.000 mais
Espero que dentro de pouco academos os 40.000 artigos. !A por eles!
XAVIER(talk) 01.32, 7 decembro 2006 (UTC)
Hola son Gallaecia é a primeira vez que interveño e quero darvos a noraboa polos 20000 artigos, unha aperta para tod@s--Gallaecia 19:10, 9 decembro 2006 (UTC)
A ver se chegamos á terceira categoría e abrimos a galiversity
[editar] Noraboa a todos
Pois iso, parabéns a todos por chegar aos 20.000 artigos, e como di Xabier, a polos 40.000! Por certo, hoxe saímos na Voz, tanto na edición impresa como na dixital. Beninho 07:11, 7 decembro 2006 (UTC)
- No blog da Galipedia hai unha entrada cunha relación de medios que reseñan, polo de agora, os 20.000 artigos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:47, 7 decembro 2006 (UTC)
[editar] Noraboa
Noraboa a todos, e eu tamén digo o mesmo, A polos 40.000! --Quorthom
Pois non sei por que iamos quedar en 40.000, vamos, digo eu que sería mellor apuntar algo máis alto. Pero como meta menor e a curto prazo (:P) está ben. Os meus parabéns a todos, grazas por todo o esfozo que metedes nesta empresa tan loubable. --Brankses
[editar] Parabéns!
Pois iso, moitos parabéns para todos, e grazas polo voso traballo para acadar esta cifra tan sinalada. Por certo, eu non digo até os 40000, digo até superar á inglesa...XD --Fryant 17:08, 7 decembro 2006 (UTC)
[editar] Parabéns
Que non se pare, boa estadía, levo pouco tempo pero estase como na casa, e creo que o ser no noso idioma xa temos superado as outras wikis. Temos unha renda per cápita de artigos moito maior. Eso que noraboa a todos, en especial os que levades moito mais tempo gastado neste especial proxecto. --Lansbricae 17:20, 7 decembro 2006 (UTC)
[editar] Agora comezamos de novo, pero seguimos co de sempre
Se o esforzo de Prevert, Lmbuga, Xelo e máis xente surte efecto, é de esperar que os medios que nos publicitan por aí fagan chegar novos colaboradores (e supostamente tamén colaboradoras, ou polo menos no seu alcume). Ata o de agora cada un centrábase máis ou menos (inda que non necesariamente) nun labor, especializándose nel: uns creaban artigos (esas marabillas de F1, de civilizacións hititas ou omeias, de astronomía, etc.: sinto se me esquezo algún outro enorme esforzo, pero lémbrome porque me gustan eses temas, non porque o merezan máis), outros revisaban os cambios recentes, outros as categorías, outros as vandalizacións, algúns corrixian erros dos demais e outros os cometían sen querer ata que chegaba un bot que os peiteaba.
Agora temos dúas novas encomendas que debemos repartir entre todos: por unha banda, darlle á nova xente que entre a colaborar a mellor e máis hospitalaria das benvidas, e por outra, asumir con paciencia os seguros erros que terán dende o primeiro día como tamén nós os tivemos e os seguimos tendo, que ninguén nace aprendido. Este é o noso reto agora: cambiar a mellor pero seguir sendo os mesmos. Digo de seguir sendo os mesmos porque non podemos perder a nosa identidade: somos unha comunidade, sómola en galego, defendemos unha cultura dixital libre e de calidade en galego, somos voluntarios e, dende logo, somos tranquilos. Outras wikis teñen moitos problemas de excesos no vandalismo, na politización ou na administración, cousa que creo que non pasa aquí. Co esforzo dos devanditos e o resto dos administradores (ós que hai que agradecerlles todo e, con seguridade, máis), as nosas páxinas de discusión sono en realidade de debate; o ton nas conversas é bastante cordial e aínda que algunha vez saíse do normal, sempre é coma excepción; o grao de coordinación e de liberdade para traballar sempre foi suficientemente intermedio para satisfacer tódolos gustos; somos os colaboradores os que cada vez pedimos máis de nós mesmos, sen necesidade de ter un xefe que nolo esixa, e moitos somos os que non colaboraríamos tanto se fose remuneradamente: o noso feito diferencial galego en todos estes aspectos é que o traballo na Galipedia se converteu nunha colaboración entre amigos. Estas dúas novas tarefas do futuro están agora en mans de todos, e é a iso ó que dou ánimo.
Houbo un día en que Agremón comezou a Galipedia case como hai moi pouco ese velliño encetaba a wikipedia en lingua fulfulde (o fulani no que falan os senegaleses que venden nos nosos mercados). Co noso labor estamos demostrando que se pode facer un traballo voluntario e de calidade en galego (chegando mesmo a ser referencia doutros medios) e que, tanto dende Galicia coma dende África, queremos un mundo mellor, máis igualitario e máis xusto. Acadalo é o maior dos esforzos, pero ós poucos ímolo conseguindo. --Sobreira (parlez) 18:44, 9 decembro 2006 (UTC)
Un comentario moi atinado e unha foto con moito significado. Aquí vai a miña contribución gráfica. Grazas a todos os que deixaron as súas reflexións nesta páxina. Confio en que neste novo período que comeza sexamos capaces de mellorar a calidade do wiki, poidamos continuar perfeccionando a organización e consigamos que este proxecto siga ilusionando a novos colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:37, 11 decembro 2006 (UTC)
[editar] Parabéns
A verdade é que semellaba moi lonxano acadar os 20.000 artigos cando comecei a miña colaboración na Galipedia, a finais do ano 04. Estou moi contendo, de verdade. Noraboa a tod@s. --PortoFaládeme aquí 14:17, 11 decembro 2006 (UTC)
[editar] A por mais! :-)
Levo pouco tempo nesta comunidade e só podo dicir que é un gran proxecto e que esta a ter un éxito incrible, e todo grazas a xente coma vós que adica parte do seu tempo libre a esto. É un pracer poder formar parte da comunidade, asi que grazas a todos novamente e a seguir mellorando a Galipedia! ;-) (uy, olvidóuseme a firma... BaNjO)
[editar] 20000
Recordo que cando eu empecei neste asunto íamos polos dous mil e pico artigos e parecía lonxano o obxectivo dos 10.000. Onde vai xa que os temos, Mesmo dobrámolos! Non sei cantos máis artigos daremos feito, pero chégalle ben os que fixemos. Non me parece tan complicado agora o de acadar cifras que me parecían irreais daquela. Só hai que enredar un pouquiño ao día nesta trangallada. Ánimo a todos, parabéns polo que temos e a traballar, que aínda nos queda un cacho. --Servando2 01:43, 19 decembro 2006 (UTC)
[editar] Gran nova!
Gran nova escoitar que xa imos polos 20.000, apertas para todos. Eu subscribo as palabras de Sobreira: estamos a facer un bo traballo sen as complicacións que se buscan noutras wikis. Isto seguirá medrando ad infinitum. Procuremos que paguen a pena as consultas que poida face-la xente. Noraboa a todos. Bo Nadal. --Adalbertofrenesi(fala) 20:09, 25 decembro 2006 (UTC)
-
- A verdade, é unha boísima nova, é pra estar orgulloso, pero isto soamente ten q servirnos a todos pra darnos máis forzas pra chegar aos 40.000 canto antes!, isto é como un reto, unha carreira de fondo, na que pra chegar á meta hai que ir facendo ben as cousas inda que semelle qeu se vai a modiño.
Un saúdo enorme a todos, e especialmente aos que levades máis o peso de todo este gran proxecto ;)
P.D. sinto estes dias non estar tan "activo"..pero os temas lavorais son o primeiro...:S
--Luimipi 10:00, 12 xaneiro 2007 (UTC)