3.800-M
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Acontecementos
Data da consolidación da Terra como planeta.
Dátase co nome de Eón Precámbrico (Agnostozoico, segundo outros autores), coa Era Arcaica ou Azoica. Uns terceiros autores inclúena baixo o nome de Archeana. Por mor de non haber un acordo unitario nos xeólogos en canto a datación, diremos que ten unha intensidade aproximada de 1.600 millóns de anos (dende os 4.600 ata os 2.500 millóns).
Subdivídese en tres eras:
- Inferior (Azoico): O planeta é unha bola quente, hai subsistencias de grande intensidade sísmica. A atmosfera é completamente gasosa abundando os metais no estado líquido. Duración estimativa do período dende o 4.600 ata 3.800 aproximadamente.
- Medio (Azoico - Arcaico): O planeta non arrefriou de todo, segue a intensidade sísmica. Clarexa a atmosfera nalgúns puntos permitindo a entrada dos raios do Sol. Duración estimativa do período dende o 3.800 ata 3.400 aproximadamente.
- Superior (Arcaico): Comezan a formarse rugosidades que darán lugar aos primeiros continentes. Segue a intensidade sísmica. A atmosfera é diáfana, con abundantes choivas. Non se descarta a abundancia no aire de metano e carbono. Duración estimativa do período dende o 3.400 ata 3.000 aproximadamente.