A Bela Otero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Bela Otero, Carolina Otero chamábase realmente Agustina Otero Iglesias (4 de novembro, 1868 - 12 de abril, 1965) foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega.
Nacida en Ponte de Valga Pontevedra, os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo seu pai. Dada a súa difícil situación, xa de nena foi traballar de criada a Santiago de Compostela. Aos dez anos sofreu unha violación que a deixaría estéril, e aos catorce, namorada do seu compañeiro de baile Paco, foxen a Lisboa, onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chega a Barcelona onde en 1888 un banqueiro se empeña en facela triunfar como bailarina na Francia. Vai con el a Marsella para axiña abandonalo e comezar a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de Cádiz. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París e ser a muller máis desexada de Europa. A condición da muller no espectáculo daquela era esbaradiza, e normalmente é considerada unha cortesana que se relacionou co máis granado da aristocracia europea: o Rei Eduardo VII de Inglaterra, o Zar Nicolás II e Gabriele d'Annunzio.
Retírase en 1910 e dilapida a súa fortuna no Casino de Montecarlo para irse afundindo cada vez máis na pobreza.
[editar] Bibliografía
- Arruíname pero no me abandones. La Bella Otero y la Belle Époque. De Marie-Helène Carbonel i Javier Figuero. Ed. Espasa Calpe, 2003.
- A Bela Otero, pioneira do cine, Miguel Anxo Fernández
Ficción
- A paixón de Carolina Otero Ramón Chao, 2001. Biografia ficticia.
[editar] Filmes
- La Belle Otero Richard Pottier, 1954. Filme francés onde a grande actriz mexicana María Félix interpreta o papel de Carolina Otero.