A Cabreira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Comarca do sur-oeste da provincia de León, contiguo coa provincia de Ourense e a comarca de Valdeorras. Consta de cinco concellos: A Ponte de Domingo Flórez, Benuza, Encinedo, Castrillo de Cabrera e Truchas. Podese dividir entre a cabreira baixa (tendo como centro ponte de domingo florez) e a cabreira alta (a baña).
Na comarca atópanse restos dos carrís romanos que servían para levar a auga dalgúns afluentes do río Cabreira e da conca do río Eria ata as minas de ouro das Médulas, situada na proximidade. Tamén se atopan castros prerromanos (Yeres, Ponte de Domingo Flórez, Corporales).
Na actualidade, a principal e case soa actividade económica son as canteiras de lousa, que en contrapartida do benestar económico ocasionan fortes danos á paisaxe e ao medio ambiente.
O clima da comarca vén determinado por tres compoñentes principais: a altitude (entre os 376 metros da Ponte de Domingo Flórez e sos máis de 1200 en Forna), a influencia oceánica do Atlántico xa continentalizada, e a baixa latitude, que fan que se dean na comarca trazos climáticos mediterráneos (seca estival e temperaturas medias no verán elevadas). Conforme a estación meteorolóxica máis próxima, a media anual rolda os 12.7 graos (xaneiro 5°C, agosto 21°C, existen de catro a cinco meses de seca, con meses de xullo e agosto que non chegan aos 20 mm mensuais), e cunhas precipitacións totais comprendidas entre os 800 e 1100 mm, e ao redor das 2.100 horas por ano.