Abra, Filipinas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abra é unha provincia das Filipinas na Rexión Administrativa de Cordillera, na illa de Luzón. A capital é Bangued. Nos seus 3.975'6 km², viven 209.491 habitantes (2000), o que representa 53 h/km².
Dividida en 27 municipalidades e 303 barangays (aldeas).
[editar] Linguas
Ilocano, Itneg, Kalinga e Tagalo.
[editar] Relixión
Os ilocanos son católicos, os Itneg e Kalinga manteñen as súas relixións tradicionais.
[editar] Historia
En 1599, os agustinos foron os primeiros occidentais en se estableceren no territorio. Na Revolta de Silang 1762 - 1763, Abra xogou un importante papel como o último lugar de resistencia da heroína ilocana, Gabriela Silang, ata a súa captura polos españois.
En 1846 Abra separóuse da provincia de Ilocos Sur.
En 1905 Abra foi anexionada de novo á provincia de Ilocos Sur, pero en marzo de 1917 converteuse definitivamente nunha provincia independente. Entre 1985 e 1987 Abra converteuse no acubillo da guerrilla dirixida polo sacerdote revolucionario Conrado Balueg.