Absceso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Advertencia: Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor consulte ó seu médico.
Un absceso é unha acumulación de pus nunha cavidade formada pola destrución de tecido orgánico como consecuencia dunha infección. É unha reacción defensiva producida por microbios patóxenos para previr o esparexemento da infección a outras partes do corpo. Combátese con antibióticos aínda que nalgúns casos é preciso realizar unha incisión para retira-lo pus.