Achelousaurus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Achelousaurus (Lagarto de Achelou) era un ceratópsido que habitaba en Norteamérica fai uns 75 millóns de anos (no período Cretácico). Este dinosaurio chegou a medir 6 m. de longo e case 3 m. de alto, o seu peso descoñécese por agora. O Achelousaurus caracterizábase por ter unhas protuberancias óseas no fuciño e un par de cornos no seu volante óseo. Tiña como parentes a outros centrosáuridos, entre eses estaban o Pachyrrhinosaurus, Einiosaurus e Centrosaurus.