Acis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Acis, personaxe mitolóxico grego, era un pastor siciliano, fillo de Fauno e da ninfa Simetis. Amado pola ninfa Galatea, matouno por celos o cíclope Polifemo ao lle botar unha rocha enriba. O sangue de Acis formou un regato pequecho debaixo da rocha que o matara: Galatea converteu o regato en río.
Ovidio dedicoulle un poema na súa obra As Metamorfosis.