Acurtamento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase en xeral clipping ou acurtamento ao procedemento de creación de novas palabras ou neoloxismos que consiste en abreviar palabras mediante diversos metaplasmos de supresión, como a aférese (perda dos fonemas situados ao comezo dunha palabra), a síncopa (perda dos fonemas interiores dunha palabra) ou apócope (perda dos fonemas finais dunha palabra). Tal procedemento é especialmente frecuente en linguas que posúen moitos monosílabos, coma o inglés; por exemplo, abréviase San Francisco en Frisco ou motorist hotel en motel, ou automóbil omnibus en autobús. Este procedemento de acurtamento denomínase síntese ou síncopa. A apócope, pola contra, é frecuente na linguaxe hipocorística ou infantil, ou meramente afectiva: bici por bicicleta, boli por bolígrafo, pelu por barbaría, insti por instituto, etc... aínda que, nalgúns casos, parece máis ben deberse á necesidade de abreviar expresións demasiado cultas e longas (cine por cinematógrafo)