Adrano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adrano, comuna da provincia de Catania, Sicilia, Italia. Ata 1929 chamada Aderno. Situada na aba do Etna, nas beiras do río Simeto a 584 metros sobre o nivel do mar. 34.290 habitantes.
[editar] Historia
As abas do Etna estiveron habitadas dende o neolítico inferior, contra o século X a.C. comezan a se establecer colonias sículas, que comezan a decaer no século V a.c., a chegada dos gregos data do 400 a.C. cando Dionisio I de Siracusa, funda unha cidade preto do templo dedicado ao deus grego do lume, Hadrano para reforzar a hexemonía de Siracusa na zona. No 344 a. C. ten lugar a batalla de Adranon entre os Timoleonte de Corinto e Iceta de Leontinoi. A cidade foi sometida ao dominio romano no 263 a.C..
No 950 os árabes dominan a cidade durante a que se converte nunha poderosa cidade comercial, no 1075 os normandos fanse co control da cidade.
Dende o século XIV pertence a Matteo Sclafani e despois á familia Moncada ata a abolición dos dereitos feudais. En 1693 a cidade sofre un gran terromoto que mata a moitos dos seus habitantes. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi bombardeada polos aliados.
[editar] Arquitectura
Il Castello, castelo normando fundado por Roger I
Chiesa Madre, de feitura normanda, cruz latina e tres naves construída ente o XVI e o XX.
Mosteiro de Santa Lucía, fundado en 1596, hoxe escola pública
Igrexa de Santa Lucía reconstruída en 1775