Aeródromo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un aeródromo é unha área chan e despexada con límites definidos preparada para a aterraxe, despegue e movemento en terra de aeronaves sen instalacións permanentes, ou ben con instalacións que se utilicen irregularmente ou sexan de propiedade privada, xa que a consideración do que é un aeroporto e o que é un aeródromo varía segundo a lexislación de cada estado soberano.