AFL-CIO
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Federación Americana do Traballo e Congreso de Organizacións Industriais (American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations) coñecida como AFL-CIO é a confederación sindical máis grande dos Estados Unidos, abrangue 53 sindicatos norteamericanos e internacionais (por incluír Canadá), representando a 9.000.000 de traballadores. Formouse en 1955 ao unirse a Federación Americana do Traballo e o Congreso de Organizacións Industriais. Ata 2005 representaba a todos os sindicados de traballadores dos Estados Unidos pero ese ano varios grandes sindicados deixaron a confederación. John Sweeney é o seu presidente desde 1995.